Cicloturismo, natureza e experiencias.

jueves, 28 de marzo de 2013

Problemas en ruta: Animais


Aquí unha listaxe de consellos con respeto á fauna e flora galegas e, nalguns casos, españolas.

INSECTOS:

-Non leves roupa amarela en verán, os insectos cómente vivo, xa o comprobei e ainda me doe recordalo.

XABARÍL:


-Se cadra un dos animáis que ten causado máis problemas nas vías para coches, motos e bicis por igual.
NUNCA, XAMAIS, por moi cuquiños, monos, achuchables e adorables que che parezan eses xabatiños que atopaches nunha beira do camiño, te achegues a eles, ménos aínda lles botes a man. alónxate o máis amodo e en silencio que poidas, e se eso quitalle algunha foto. En canto vexas un xabaríl adulto preto fuxe coma alma que leva o demo. As nais xabaríl teñen a máis mala uva que vin en toda a miña vida no reino animal, e recordo as casi 2h que pasei subida a un castiñeiro esperando a que marchase. Coñezo un caso dun can destrozado totalmente por unha nai sobreprotectora, e non pensedes que son animáis fofos ou brandos. Miña nai atropelou un co coche fai algún tempo, e destrozou literalmente o parachoques, mentres que o animal marchou tan pancho andando. Se te ves na obligación de enfrentarte a un deles, recorda que:
 1-corren de frente, xiran mal; 2- evita tocalos ou que te toquen coa barbilla, pois teñen ahí uns pelos tan grosos que che poden atravesar a man; 3- son todoterreno, probablemente máis todoterreno que unha mountain bike, así que corre e non pares.

SERPES:
-Coidado en verán coas fontes. Se tes un verán especialmente caluroso ten coidado cando vaias a unha fonte ou lugar fresco. As serpes son animáis de sangue fría, e do mesmo xeito que buscarán o sol a comezo do verán, tamén buscarán a sombra no máis duro do día.
                                              (víbora de Seoane)
 En Galiza só son perigosas as vívoras (ningunha especie é mortal aquí, pero doe unha barbaridade), e ata agora só as teño visto nas montañas do Caurel, pero sei que as hai por moitos máis sitios.

 Diferéncianse das serpes normáis pola súa cabeza en forma de triángulo e os seus ollos case felinos. Os dous colmillos de diante son os que segregan o veneno. En caso de mordedura non entrar en pánico, e según o mestre de 1º auxilios, non ser peliculeros e non chuchar o veleno. Na boca, as nosas mucosas poden absorvelo moito máis rápido que si nos pican nunha extremidade. Intentando mover a zona afectada o menos posible e mantendo as pernas ou o brazo en baixo, chamar ao 112 e explicar a situación. Se podes, quítalle unha foto para así mostrarlle aos doutores qué vibora é, e deste xeito administraranche o antídoto máis efectivo.

AMFIBIOS:


-Píntegas ou Salamandras: Son asustadizas e localízanse preto ou dentro da auga. Son unha especie de lagartiños negros con pintas amarelas ou laranxas, de aspecto pegañento. Evita tocalas directamente coas mans, porque segregan unha baba que lles recobre todo o corpo e que nos produce molestias a nos. Non o comprobei porque sempre me diron algo de grima, pero mellor previr...

CABALOS:


Nalgúns montes galegos hai cabalos en semi liberdade, é dicir, existen curros enormes ao longo das montañas polos que se moven pola sua conta os cabalos, e ás veces ou ben están mal valados, ou rompen as proteccións e saen, en moitos casos chegando ás estradas.
Os cabalos son animáis pacíficos, que fuxirán antes que loitar, pero con néboa a cousa cambia.

 Teñen mala vista, e se é unha zona cun zumbido constante, como por exemplo as zonas de viraventos da costa de Porto do Son, poden non verte ata que estás casi enriva deles. No peor dos casos asustarase e coceará ao aire, intentando darche para que te apartes del, e en canto poida fuxirá. Leva unha luz e fai ruído a propósito, ou vai moi amodo e atento para non atoparte con eles de frente.



Algo semellante pode pasar coas vacas en certos pobos, pero as vacas sí se poden rebotar e intentar encornarte. É difícil non detectalas antes gracias aos cencerros, asi que fai ruído para que saiban que estás ahí ou espera a que pasen.

OURIZOS:


Ainda que pequeniños e tímidos, poden causar auténticos estragos nas nosas cubertas. Estes animáis son nocturnos, e suelen verse máis na época da castaña por camiños rurais e estradas secundarias. O único que che podo recomendar e que evites moverte de noite por zonas de castiñeiros e outras árbores de froito e folla caduca, e se tes que facelo, atende moito ao asfalto ou camiño.
Por se algúen se sente tentado de levar un para a casa, aviso que está TERMINANTEMENTE prohibido. Non só o SEPRONA irá a por calquera que o intente levar, senón que lle caerá unha multa importante.
Ademáis, son animáis do monte. Deixadeos estar, que alí estarán mellor :).

CANS:


Os nosos pobres e incomprendidos cans. Na maior parte dos casos só queren xogar, ben por aburrimento nos pobos, ben porque somos algo novo para eles. Outras veces queren algo do que levamos encima, e por iso insisten máis. Logo hainos que teñen algun tipo de estraño trauma e queren trabar a todo o que leve rodas, ou vaia mais rápido ca eles, ou ámbalas dúas cousas xuntas.
Todo depende do animal e do nivel de locura transitoria que teñan nese momento, pero hai moitas opcións:
-Berrarlles,
-parar e miralos mal, cunha actitude seria para que se den conta de que se meteron co ciclista equivocado.
-correr máis ca eles e deixalos atrás, ainda que esto en concreto desaconselloo por ser difícil correr máis que un can coas alforxas e a mochila ao lombo.
-botarlles auga,. Pode ter dous resultados, que se asusten e marchen ou que se enfaden aínda máis. Oops!
-Sistemas modernos. Dende un esprai ata un silbato para cans, nin os vin nin sei onde os venden, pero existir existen (como as meigas!).

En calquera caso se algún vos morde, e dependendo da gravidade da trabada, se podedes enterádevos de quen é o seu dono, e falade con el/ela. Ti tiveche sorte, pero quizáis outro non teña tanta e saia peor parado.
Se o dono se che rebota (que os hai), ameázao con denuncialo, a ver canto lle dura o rebote. (O de porse "violento" verbalmente só nun caso extremo, no meu caso traboume porque sí cando pasaba camiñando preto da sua casa e a dona casi me arrea cun bastón cando lle fun dicir que o seu can me acababa de trabar)


A medida que me vaia informando irei engadindo máis exemplos. Se sabedes algún non dudedes en deixar un comentario e verei de poñelo

No hay comentarios:

Publicar un comentario