Cicloturismo, natureza e experiencias.

jueves, 28 de marzo de 2013

Salida 1º: Santiago - Montelouro

                                                                                                           
[CICLOTURISMO]


 Hola a tod@s!
Decidín estrear o blog coa miña primeira saída coa bici, aínda que curtiña penso que foi importante para mín e a miña forma de ser.
Un día de verán, sin mais, farteime de estar na casa e empecei a preparar as bolsas: o saco de durmir, o protector, os reflectantes, o bikini e algo de roupa. Debería ter levado máis cousas, pero foi un impulso e nese momento chegoume de sobra :)

A distancia entre Santiago e Louro (según google maps, que fai moito que fixen esto e xa non me acordo) é de 63km, e aínda que pareza mentira, paseino peor saíndo da urbe que en todo o camiño ata a praia. Á saída de Santiago hai unha ristra de baches que lle deixan a unha a espalda fodida ( ou as amortiguacións escangalladas), e despóis pásanche factura ó saír de Bertamiráns.
Por desgraza non teño fotos de toda esta parte do recorrido, porque non quería que me collera a noite antes de chegar á costa.
Como fun pola estrada, saín no cruce do lado de Noia, e cando subía cara Pontenafonso pasoume algo curioso. Ó longo do camiño pitáranme dous coches e berráranme groserías (e que sabes, unha rapaza en bici non é normal... nótese o sarcasmo), así que eu xa estaba un tanto fartiña, e cando pasando por unha poboación un señor me berrou algo dende a furgoneta reventei e sabe dios o que lle poiden dicir. Uns metros máis adiante parou o coche, e debín de quedar blanca coma o sal, porque por dentro ao menos sentíame moi, moi asustada. Moi, moi amodo seguín avanzando ata chegar á súa altura (parecía un cadelo apaleado, coa cabeza baixa e arrastrando los pes), e un enorme paisano asomou por unha das ventanillas.
Resultou que o señor vira unha mochila caída uns metros máis atrás, e pensou que era miña e avisoume dun berrido. Creo que pasei media hora disculpándome, vermella coma un tomate e sentíndome unha ogresa.
Xa era a tardiña, e parei para descansar e cear nun pobo antes de chegar a Abelleira. Cando por fin se fixo de noite, avancei ate o final do pobo e tras unha casa pechada, entre unhas silveiras, metín a bici e estirei o saco.

O certo e que foi unha boa noite. O ceo cheo de estrelas, unha temperatura agradable e poucos coches pola estrada, ningunha molestia -salvo un gato curioso e algún insecto- e un bo descanso.
Levainteime cos primeiros raios do sol do amencer, e tras asearme un pouco e recoller os bártulos, púxenme de novo de ruta.


A luz era moi bonita, e mentras comezaba a avanzar pouco a pouco empezaba a aparecer unha idea na miña cabeza. Ó lonxe víanse as bateas,

e a estrada parecíame algo totalmente novo e estrano, pese a ter pasado por alí centos de veces no coche,

a nova perspectiva de ver aquel asfalto brilar cos tenues raios da mañán  dalgún xeito axudou a que aquela pequena idea que rebulía na trastenda da miña cabeza comezase a medrar e facerse máis plausible.

Os pobos que pasaba eran os mesmos que levaba vendo dende cativa, pero era ao mesmo tempo algo distinto, algo novo.

Era a cercanía, o aire, o tacto, a luz...
Son nova. Nacín cando a maior parte da xente viaxaba en coche, e para min o coche e algo normal e totalmente blindado, que da mesma forma que evita que entre a choiva, tamén evita que saian os sentidos.
Ahí estaba a idea, e a medida que me acercaba ao desvío de Montelouro

transformouse nunha certeza.
Para poder volver a disfrutar desta cercanía en cada unha das miñas viaxes, non podía voltar a servirme das catro rodas, non ao menos cando o que buscase fora viaxar coma aquela vez, disfrutando do entorno.

Aquela primeira saída foi unha viaxe pequena, pero para min foi unha gran viaxe.



Para máis fotos, e cun mellor tamaño, mirade a galería de photobucket: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario